Ola peques e familias!
Como saberedes esta fin de semana conmemórase o Día das Letras Galegas, que este ano adícase a Carvalho Calero.
Case todo o que escribiu é para adultos, pero tamén ten algún contiño. Deixámosvos aquí un deles para que o coñezades un pouco mais:
No seguinte enlace podedes acceder a un recurso súperchulo, é un escape room educativo, nel teredes que superar diferentes retos e pistas para resolver o misterio da casa de Ricardo!
E por se quedades con ganas de mais e queredes traballar un pouco tedes tamén a proposta da actividades en papel do Seminario Galán. Premendo a continuación podedes acceder ás fichas (cada pdf exa pon para que curso é). Podedes escoller as que mais vos gusten ou facelas todas e crear o voso propio libro sobre Carvalho Calero.
Contádenos que tal vos vai ou se descubrides algo mais sobre Ricardo Carvalho Calero, xa sabedes que nos encanta saber de vós!
Bicos a moreas! 😘
PD: Pregunta para nota: Sabedes que profe naceu e vive na mesma cidade que el? Teredes que investigar!
PD: Pregunta para nota: Sabedes que profe naceu e vive na mesma cidade que el? Teredes que investigar!
A profe que naceu en Ferrol, creemos que é Lara (Pepa)
ResponderEliminarNon esperaba menos!! 🎉🏆
EliminarNoraboa Pepa, Xandre tamén decía Lara pero a verdade e que non sabía si vivía en Ferrol.
ResponderEliminarEnlace a un xogo chuli: http://primaveradasletras.gal/as-pitas-baixo-a-chuvia/?fbclid=IwAR1Wi40eONu7Ggs0JTqxtY8cqxywqGz3n51d7DOo58Ed_I1gy3RSMrG6EK0
Enlace a conto dos Bolechas: https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/letras-galegas/2020/contido_0011/bolechas-carvalho-calero?fbclid=IwAR12NODUiD9nbJqyno-K4Cy6TbB-8RND2622aUSM8g_S9q_VC7zyOl9D9oc
ResponderEliminar