jueves, 30 de abril de 2020

RUTINAS DE ENTRADA PÍCAR@S 3 ANOS.

QUE VOS PARECE SE FACEMOS TODOS OS DÍAS UN REPASO DAS RUTINAS DE ENTRADA COMA NO COLE.
DESPOIS DE ALMORZAR, RECOLLER, VESTIRNOS E ASEARNOS...
1º. CANTAMOS A CANCIÓN DE BO DÍA , QUE ATOPADES EN RADIO PICARIÑA.
2º. MIRAMOS NO CALENDARIO QUE DÍA É, E REPETIMOS: "HOXE É XOVES, DÍA 30 DO MES DE ABRIL DO ANO 2020. PODEMOS CANTAR A CANCIÓN DOS DÍAS DA SEMANA QUE VOS DEIXO NESTE ENLACE https://youtu.be/v7mm8MC1MgY . NOS CANTÁBAMOS UNHA VOLTA EN CASTELÁN E A 2ª EN GALEGO.
3º MIRAMOS POLA VENTÁ QUE DÍA FAI E DEPENDENDO DO TEMPO QUE FAGA RECITAMOS O POEMA QUE TOQUE

QUE  PASEDES UN BO DÍA!!!

miércoles, 29 de abril de 2020

Trazo para 3 anos

Aquí vos deixo unhas fichas de trazo. O obxectivo das mesmas é que adquiran destrezas previas á escritura polo que se debe vixiar tanto a boa costura corporal mentras as fan (sentados de maneira correcta, cunha separación adecuada entre o papel e os ollos), como a forma de coller o lapis: "pico do periquito", como decimos no cole.

Estas tarefas quero que vos sirvan de guía, teñen debuxos sinxelos para que poidades debuxalas a man sen ter que imprimir. Primeiro repasamos os trazos co dedo e logo co lapis.

https://drive.google.com/file/d/1LtaeweRhkihI6fYbi5yfBOCLSY7w1fiZ/view?usp=sharing


lunes, 27 de abril de 2020

ACTIVIDADES 6º DE INFANTIL - 5 ANOS (II)

Bo día familias,

Alégrame moito ir sabendo de vós e ver que estades ben! De seguro estades collendo moitas forzas agora que xa podedes saír á rúa, xusto o que precisabades para seguir a tope coa semana!

Aquí vos deixo a seguinte remesa de actividades, espero que as desfrutedes.

1. LABIRINTOS


Creamos un labirinto ou tea de araña con fíos de la, trapillo, papel hixiénico... podemos utilizar cinta de carroceiro para pegar eses fíos ás paredes ou mobles. Rescatamos algún boneco pero non podemos tocar os fíos! Este xogo ten moitas posibilidades, botádelle imaxinación. Traballamos HABILIDADES ESPACIAIS, coordinación, nocións espaciais...

*Moi interesante: pedirlle que represente nun papel, da maneira máis fiable posible, o labirinto que realizástedes, como se fose un MAPA.

Déixovos anexado dous cadernos para resolver labirintos sobre papel, un deles axeitado para o voso nivel e outro avanzado para compartir cos irmáns:

preme sobre a ligazón para descargar


2. A LETRA B. Estes días podémoslle pegar un repaso a letra B: aprender o poema da burbulla, buscamos obxectos na nosa casa que conteñan o son B, buscamos botes con palabras con B, xogamos ao vexo vexo, ao bingo... 

Trazamos a letra B maiúscula e minúscula pero non só no papel, primeiro no chan, no propio corpo, nunha bandexa de sal! Onde se vos ocorra! A compoñemos con tapóns, con xoguetes, con plastilina... 

preme sobre a ligazón para descargar

3. MOVEMOS O ESQUELETO! Aprendemos a coreografía dunha das cancións favoritas dos máis festeiros:

preme para bailar!

Espero que vos gustasen as propostas, xa me contades. Non deixedes de compartir o que estades a facer e para o que queirades non dubidedes en escribirme. Un bico moi grande.

domingo, 26 de abril de 2020

CUMPLE DE ALBA GARCÍA

Hoxe está de cumple Alba García. Se estivésemos no cole celebraríamolo cunha coroa, xirando 4 veces coa terra na man arredor do sol e cantando en cada volta: A TERRA XIRA ARREDOR DO SOL, ARREDOR DO SOL, ARREDOR DO SOL, A TERRA XIRA ARREDOR DO SOL, ARREDOR DO SOL... 
E logo soprando as velas e comendo un biscoito. 
Alba tamén ensinaríanos as súas fotos de bebé, 1 ano, 2 anos, 3 anos e 4 anos; e contaríanos que facía nelas.
A festa farémola cando voltemos ao cole, pero a súa familia mandou as fotos para que todos desde as nosas casas poidamos cantarlle:  Cumpleaños feliz... e Parabens para ti...
Moitísimas felicidades Alba!!!


sábado, 25 de abril de 2020

PROPOSTA DE FIN DE SEMANA

Bo día pícaras e pícaros!

Hoxe traémosvos unha proposta para que creedes pinturas na casa como o facían antes, cando non había onde mercar o que dispoñemos agora!

A idea déunola Xandre, que nos envía este saúdo e nos amosa como afondou na arte prehistórica con este traballo no que utiliza carbón da súa lareira, unha marabilla!

              


        

Na casa podemos pintar con acuarelas creadas a partir de especias como o pementón, a cúrcuma, canela, azafrán, colorantes, café...

Para facer a pintura de especias, podemos mesturar en diferentes cuncas as especias con témpera branca; se non temos témpera, podemos utilizar auga tibia misturada con algo de fariña moi fina (ou azúcar glass, bicarbonato...). Mesturamos ben ata conseguir unha textura lixeira lista para pintar. Atrévete a experimentar e mesturar os diferentes ingredientes!

Se queres podes primeiro bocexar cun lapis o que vas pintar. Unha vez remates de pintar debes deixar secar a túa obra. Por último, non esquezades: o importante é o proceso, non o produto resultante!
                       

Deixámosvos tamén anexado un xogo de memoria sobre a Prehistoria:

SAÍDA Á RÚA

Xa sabedes que a partir deste domingo @s peques poden saír de paseo aínda que con certas normas. 

Seguro que teñen moooooitas ganas despois de tantos días na casa e que o ides facer xenial pero explicarlles porque non poden facer as mesmas cousas de sempre pode ser complicado. 

Deixámosvos un contiño que nos gustou moito por se vos é de axuda para que entendan mellor a situación. 



ACTUALIZACIÓN:

PINCHA SOBRE A IMAXE PARA ACCEDER Á GUÍA



Bicos de oso! 🐻🌈


viernes, 24 de abril de 2020

COMO ESTADES?


Familias, peques, que tal estades?

Hoxe vimos con propostas que teñen que ver cunha cousa moi importante na vida, AS EMOCIÓNS!

Entender o que sentimos é moi importante para saber escoller a mellor forma de reaccionar. No cole o traballamos un montón a partir do conto “O monstro de cores” de Anna Llenas. Se non o coñecedes ou queredes recordalo en familia aquí tedes o conto:


E aquí a canción:


A educación emocional parécenos sempre moi importante, pero aínda máis nesta época de confinamento onde estar nervioso, triste ou non saber como estamos é o mais normal. Por iso, anímamosvos a falar na casa dos sentimentos que esta situación provoca, buscando formas positivas de afrontalas. Estamos seguras de que xa o facedes, pero por se queredes ou precisades ideas de como facelo, aquí vos van unhas cantas!

Para empezar, compartímosvos un recurso moi chulo para tratar este tema na casa, inclúe moitas actividades distintas para que poidades escoller a que máis vos guste ou vos apeteza facer. Aquí tedes:




 (Premendo no título accededes directamente aos arquivos)

Máis cousas, como ben saben as nenas e nenos deste cole para ser capaces de entender o que sentimos e escoller que facer é moi importante ser capaces de estar tranquilos, en calma. Para facer iso no cole utilizamos distintos recursos e técnicas, compartimos aquí algúns por se vos son de utilidade e vos animaos a poñelos en práctica na casa.

IOGA
O ioga non só é un ferramenta para a meditación e a relaxación, senón que axuda á atención, concentración, control postural, equilibrio... Ademais é moi divertido e axuda a manter o corpo activo nestes longos días na casa! Aquí tedes un par de canles de youtube fáciles para @s mais pequen@s e cunha explicación adaptada:


   

Algunha xa o está poñendo en práctica, como Pepa e o seu irmán Alfonso, que nos mandan este vídeo tan chulo




TARROS DA CALMA
Os tarros da calma son un recurso de pedagoxía Montessori que serven, entre outras cousas, para axudar a calmar as nosas emocións cando nos desbordan. Contemplar como a purpurina pasa de torbellino a estar quedar pouco a pouco en calma axuda a que pase o mesmo co noso interior. E xa aprendimos do Monstro de Cores o importantes que son os tarros nas emocións!



Ademais de ser útiles como recurso, elaboralos en familia é unha actividade sinxela e que os fai mais significativos para @s peques. Pos iso fixemos un videotutorial caseiro para animarvos a que o intentedes!



Botámosvos moito de menos e temos moitas ganas de saber de vós! Asi que vos animamos a que nos contedes en comentarios que tal estades e se facedes algunha das actividades, a que nos enviades fotos a picarosdepracticas@gmail.com 💗

Un super bico a tod@s!

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO LIBRO




BO DÍA PICARIÑ@S DE PRÁCTICAS!

HOXE É DÍA 23 DE ABRIL... NON VOS SOA A ALGÚN DÍA PARA LEMBRAR?.

EXACTO É O DÍA DO LIBRO.

SABEMOS QUE VOS ENCANTAN OS CONTOS E POR ISO PARA CONMEMORALO HAI COLGADAS UNHAS TAREFAS NO BLOG DE XOCAS QUE PODEDES FACER. INCLUSO TAMÉN SE VOS ANIMADES, PODEDES MANDAR ALGÚN AUDIO OU VIDEO CONTANDO ALGÚNHA HISTORIA. PARÉCEVOS?

ANIMÁDEVOS QUE PRECISAMOS COLABORACIÓN COAS VOSAS CREACIÓNS. VÓS SODES AS PROTAGONISTAS!


Podedes enviar as vosas propostas ao correo de Xocas (ceip.practicas.corunha@gmail.com) ou ao correo dos Pícaros de Infantil: picarosdepracticas@gmail.com

BIQUIÑOS PÍCAROS

BO DÍA

Amañeceu un bonito día de sol. Que vos parece se empezamos a mañán saudándonos cunha canción coma no cole. En Radio Picariña atopamos moitas cancións "chulas" en galego.   
 http://www.crtvg.es/en-directo/canles-directos-rg/radio-picarina 
Neste enlace buscades a pista nº 6 e atopades: Bo día de Té, chocolate, café.
A desfrutala e cantala moi forte, que nos oian os veciñ@s.