viernes, 19 de junio de 2020

FESTA FIN DE CURSO

BO DÍA A TODOS/AS: HOXE É UN DÍA ESPECIAL, ACÁBASE O CURSO E TERÍAMOS QUE ESTAR NO COLE FACENDO UNHA FESTA. PERO AÍNDA QUE NON PODEMOS ESTAR NO COLE A FESTA PODEMOS FACELA. QUE VOS PARECE???
PODEMOS FACER POMPAS, AÍ VAI UNHA RECEITA PARA FACELAS NA CASA E ENCHER A RÚA DE BURBULLAS.

E DESPOIS DAS BURBULLAS A BAILAR.

AS MESTRAS MARÍA, IRIA, RAQUEL E LARA DESEXANVOS UN BO VERÁN.
SEDE MOI FELICES.

viernes, 5 de junio de 2020

PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO ( 3 ANOS)

BO DÍA: HOXE VAI OUTRO CONTO QUE XA VIMOS NO COLE, PERO QUE VOS GUSTOU MOITO PORQUE É MOI DIVERTIDO. FALA DE DOUS PEQUENOS UN POUCO TRAVESOS QUE SE ACABAN METENDO NUN PROBLEMIÑA... https://youtu.be/NNLIPJJltO0

E COMO NON, AÍ VAI UN ROCK, A CANCIÓN DAS CORES QUE VOS VAI POÑER A BAILAR COMA TOLIÑ@S: https://youtu.be/dzrlEgQwXRc

LOGO PODEMOS EXPERIMENTAR A MESTURAR CORES DOS QUE TEMOS POLA CASA ( CERAS BRANDAS, TEMPERA, PLASTI...) COMO FIXEMOS CO MARRÓN DO OSO, LEMBRADES? VEREDES QUE CORES NOVAS SAEN.

ESPERO QUE GOCEDES CON ESTA ACTIVIDADE.




lunes, 1 de junio de 2020

TRABALLAMOS A ATENCIÓN (3 ANOS)

BO DÍA A TOD@S: IMOS TRABALLAR UN POUCO A ATENCIÓN CUNHAS FICHAS ONDE TEREDES QUE COMPLETAR, RELACIONAR, IMAXINAR...
FACEDEAS AOS POUCOS, FIXÁNDOVOS BEN.
ESPERO QUE VOS GUSTEN.https://drive.google.com/file/d/1h_PuRN_uUC1yrekSUX2DBc_2nLELyNeb/view?usp=sharing
E COMA SEMPRE UNHAS CANCIÓNS DAS QUE CANTÁBAMOS NA CLASE, A SEÑORA QUE ROMPÍA OS FAROIS:  https://youtu.be/TS5xfO1kbj8
E A FORMIGA QUE NOS PICABA NO PE:  https://youtu.be/yEhQr_ROsJ0

miércoles, 27 de mayo de 2020

ACTIVIDADES 6º EI (IV)

BO DÍA FAMILIAS,

DÉIXOVOS PARA ESTES DÍAS UNHA SERIE DE PROPOSTAS QUE ESPERO QUE VOS GUSTEN!

1. CREAMOS PALABRAS CON CALCETÍNS. Para favorecer o gusto e interese pola lectoescritura propóñovos este xogo que estou segura lles entusiasmará e no que porán en práctica as súas competencias.



Cando estamos supervisando unha actividade deste tipo, non consideraremos os erros como fallos, senón que son aproximacións hacia o modelo correcto. Non nos quedamos no "moi ben" e moito menos "mal, así non", comentamos o que está ben e onde mellorar. Así, se o neno escribe OA en lugar de OLA, podemos ver que se aproximou a construcción correcta, podemos comentar: Cal te falta poñer? Facémoslle reflexionar e buscar o modelo correcto.


2. ESCRIBIMOS UNHA CARTA, un mail, mensaxes no blog... Utilizamos a escritura en actividades contextualizadas e reais nas que usemos a linguaxe cunha intención.

                                                                            
Podedes escribir ás vosas familias e amigos ou tamén ás vosas profes! Se queredes escribirme á miña casa tal como fixo Xandre, escribídeme ao meu correo electrónico para facilitarvos o enderezo completo.


3. DEBUXAMOS BICHOCOS E PAXAROS. Co dedo polgar ou matapiollos debuxamos o corpo. Podemos usar témperas, tintas, algunha especia, rotulador no dedo... A partir de aí, lapis, pinturas, rotus... e a crear.


Este libro de manualidades está disponible entre o material que xa colgara a profe Carmen. Cólgovolo AQUÍ para descargalo.


4. XOGOS CON TAPÓNS


Tamén con tapóns anímote a facer unha serie numérica tan loooonga como saibas.

5. APRENDEMOS ESTE XOGO DE DEDOS

                

Con ganas de ver como a recitades!

viernes, 22 de mayo de 2020

ADIVINA CUÁNTO TE QUIERO ( 3 ANOS )

BO DÍA A TOD@S: HOXE VAI UN DOS MEUS CONTOS PREFERIDOS ADIVINA CUÁNTO TE QUIERO. NEL VEREMOS A UNHA LEBRE E SÚA NAI "COMPETINDO" POLO AMOR QUE SE TEÑEN.
ESPERO QUE GOCEDES COA SÚA LECTURA .  https://es.slideshare.net/silba_s/adiv-cto-te-quiero
LOGO PROPOÑO UNHA ACTIVIDADE ONDE HAI DOUS DEBUXOS, PERO NUN DELES FALTAN 5 COUSIÑAS PARA QUE SEXA IGUAL AO OUTRO. ANIMADEVOS A ATOPAR O QUE FALTA!!!
 PODEDES DEBUXAR O QUE FALTA PARA QUE OS DEBUXOS QUEDEN IGUAIS, E LOGO PINTALOS.
https://drive.google.com/open?id=1oV7xSoXIsI512Fbd_pWAmVx8dryjItaV

DEIXOVOS TAMÉN UNHA CANCIÓN QUE CANTAMOS NO COLE,QUE FALA DE QUEN TEMOS NO CORAZÓN. https://youtu.be/HiHDRCyV5Es

PD: EU TAMÉN VOS QUERO ATA A LÚA.

miércoles, 20 de mayo de 2020

APORTACIÓN SARA GARCÍA POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS




SARA, ALUMNA DE 5º DE INFANTIL, FIXO ESTAS ILUSTRACIÓNS DO CONTO DE PILAR PALLARÉS, PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2019 POR " TEMPO FÓSIL", QUE FIXO UN CONTONO QUE SAEN SARA E O SEU CAN COCO.


ILUSTRACIÓN CONTO SARA GARCÍA

NOVA TANDA DE ACTIVIDADES DA PROFE IRIA

                                          


OLA DE NOVO, CATIVIÑAS E CATIVIÑOS!

AQUÍ DEIXO UNHA TANDIÑA DE ACTIVIDADES  PARA QUE ESTEADES ENTRETIDAS E

ENTRETIDOS, XA QUE AS VOSAS MENTES HEROÍNAS NON PARAN. SON ACTIVIDADES

DE SEMELLANZAS, DIFERENZAS, TAMAÑOS, LABIRINTOS, ETC...

ESPERO QUE GOSTEDES DELAS.

LUDO-XOGOS

PARA  LEMBRAR O MUNDO MARABILLOSO DAS LETRAS, AQUÍ HAI UN NOVO "

CALDEIRIÑO" DELAS.

ACTIVIDADES DE LECTO-ESCRITURA

MOITO ÁNIMO QUE XA NON QUEDA NADA E MERECEDES DISFRUTAR.

MÁNDOVOS MOREAS DE BICOS.


martes, 19 de mayo de 2020

O NOME (3 ANOS)

BO DÍA A TOD@S: DESPOIS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, QUE ESPERO QUE GOZARADES MOITO, PROPOÑO SEGUIR XOGANDO COAS LETRAS, PERO AGORA  COAS LETRAS DO VOSO NOME.
NESTE ENLACE: https://drive.google.com/open?id=1Q7ztZLazmuI8l-POUUPmD2ZdCVxC3-k0
TEDES UNS TRABALLIÑOS QUE ESPERO QUE VOS GUSTEN.
E COMO SEI QUE VOS GUSTAN MOITO TAMÉN DÚAS CANCIÓNS
https://youtu.be/4tRpgWfWSZs
https://youtu.be/OdGKb55gArA

miércoles, 13 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS II

 
             

Aquí vos deixamos algunhas pezas musicais creadas para o proxecto As pitas baixo a choiva das Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. 

Para saber máis: http://aspitas.gal

martes, 12 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ola peques e familias!

Como saberedes esta fin de semana conmemórase o Día das Letras Galegas, que este ano adícase a Carvalho Calero.



Case todo o que escribiu é para adultos, pero tamén ten algún contiño. Deixámosvos aquí un deles para que o coñezades un pouco mais:


No seguinte enlace podedes acceder a un recurso súperchulo, é un escape room educativo, nel teredes que superar diferentes retos e pistas para resolver o misterio da casa de Ricardo!



E por se quedades con ganas de mais e queredes traballar un pouco tedes tamén a proposta da actividades en papel do Seminario Galán. Premendo a continuación podedes acceder ás fichas (cada pdf exa pon para que curso é). Podedes escoller as que mais vos gusten ou facelas todas e crear o voso propio libro sobre Carvalho Calero.






Contádenos que tal vos vai ou se descubrides algo mais sobre Ricardo Carvalho Calero, xa sabedes que nos encanta saber de vós!

Bicos a moreas! 😘

PD: Pregunta para nota: Sabedes que profe naceu e vive na mesma cidade que el? Teredes que investigar!

lunes, 11 de mayo de 2020

XOGAMOS COA BOCA E A LINGUA

BO DÍA: HOXE IMOS XOGAR UN POUCO COA NOSA BOCA E A LINGUA FACENDO EXERCICIOS QUE NOS AXUDEN A FALAR CADA VEZ UN POUQUIÑO MELLOR. QUE VOS PARECE SE XOGAMOS CUN CONTO COMA FACIAMOS NO COLE. AQUÍ VOS DEIXO O CONTO : LOS ANIMALES DE LA GRANJA.
RECOMENDACIÓNS PARA OS PAPÁS E MAMÁS: ANTES DE LERLLE O CONTO AOS VOSOS FILLOS/AS LEEDEO VÓS PARA SABER CANDO TEDES QUE MANDARLLE FACER IMITACIÓN DE SONS A ELES. OS SONS A IMITAR SON OS QUE ESTÁN EN NEGRIÑA. 
MIRADE TAMÉN ESTE VÍDEO DOS MINIÓNS PARA XXOGAR UN POUCO CON ELES

ESPERO QUE O PASEDES BEN.

jueves, 7 de mayo de 2020

TRAZO NÚMEROS 3 ANOS

BO DÍA A TOD@S: HOXE DEIXOVOS UN ARQUIVO CON FICHAS DE NÚMEROS PARA QUE PRACTIQUEDES UN POUQUIÑO O SEU TRAZO.

https://drive.google.com/open?id=1Vh_yowXtuP12bMVu-3drQLkRhq_ig7M2

E ESTÁS SON UNHAS CANCIONS PARA CANTALOS:

 https://youtu.be/pSqnl2eSu9Y

https://youtu.be/NGrFgQ4trxU

AS FICHAS FACEDEAS A POUQUIÑOS, SEN PRESA.



martes, 5 de mayo de 2020

ACTIVIDADES 6º DE EI (III)

Bo día, familias!

Aquí vos deixo algunhas propostas para esta semana:

1. CANTOS HAI? Na vosa casa tendes moitos obxectos, xurden situacións e actividades cotiás que axudan a desenvolver o pensamento lóxico-matemático. Ás crianzas gústalles xogar, experimentar e manipular os obxectos ou materiais non estructurados que se atopan na vosa realidade. Con estes materiais os rapaces practican unha e outra vez e constrúen os conceptos por sí mesmos: os emparellan, os reparten, os clasifican... 

Propóñovos nesta liña, ofrecerlles UN BOTE cheo de pezas e lanzarlle o seguinte reto: 
Cantos macarróns cres que haberá? Cantos lapis? Cantos tapóns haberá? 
Todos os membros da casa poden tentar adiviñar cantos obxectos hai, isto daralle emoción. 
Probade cun destes retos cada certo tempo. 

Desenvolver as destrezas de estimación nos axudará a resolver moitos problemas cotiás e, en definitiva, as habilidades matemáticas.



Unha vez feita a ESTIMACIÓN, pasaremos ao CONTEO de pezas. CONTAR, CONTAR E CONTAR. Se me perdo, volvo a empezar! Finalmente podemos comprobar quen se achegou máis ao resultado (poderíamos axudarnos cunha recta numérica).



2. MEDIMOS. Invitámoslles a que digan cousas que podemos comparar e medir da nosa casa. 
As podemos medir primeiramente con pasos ou palmos. Vos daredes conta que os vosos resultados non coincidirán, de aí a necesidade dun instrumento e unha unidade de medida para todas, que neste caso será o metro. Mediremos libremente, utilizando unha cinta métrica, reglas... 

Estimamos e medimos: Cando medirá de longo este corredor? Será máis longo que o meu cuarto?

Traballamos as nocións: alto, baixo, curto, longo, menos longo que, máis ancho que, etc.



3. FACEMOS OS NOSOS PROPIOS PUZZLES

A partir dalgunha imaxe que nos guste (dunha revista por exemplo, dun conto velliño...): marcamos as liñas (ou non), recortamos e compoñemos; podemos pegalo noutra folla.

Desenvolvemos: motricidade, coordinación óculo-manual, habilidades espaciais, capacidade de síntese, creatividade, paciencia...

Eu vos deixo este puzzle feito a partir dunha imaxe cos meus animais prehistóricos favoritos:

preme para descargar


4. COMPOÑEMOS COAS SÍLABAS

- Un xogo para comezar coas sílabas podería ser: collemos algunhas sílabas, llas lemos. A partir de aí lles pedimos que nos sinalen as sílabas que nós vocalizamos. Xogamos á inversa: a crianza di a sílaba e nós a sinalamos. 
Máis motivador: as sílabas no chan separadas, por exemplo: ZA CE CI ZO ZU. Lles pedimos que salten a cada sílaba que lles vamos dicindo. Podemos aumentar a velocidade, é moi divertido!!

- Compoñer palabras. Podemos suxerir palabras nós a partir da selección de sílabas que fixemos. Tamén: xogo e composición libre. Este material da moito de si.

deixo as minúsculas para as nenas e nenos que dominan e xa len con maiúsculas


5. XOGAMOS AS CARTAS. Se non tedes barallas na casa, aquí vos deixo esta tan primaveral:

Na baralla atoparedes disintas posibilidades de xogos.
ou
Tamén podes buscar en youtube: CÓMO XOGAR AO CINQUILLO


6. TRABALLO DE MESA: ORIENTACIÓN ESPACIAL


Estas actividades son propostas que podedes adaptar facilmente aínda que non teñades impresora.

Tede en conta o nivel madurativo da crianza, o tempo de traballo, as súas preferencias... Non hai que facer nin todas as actividades, nin todas dunha vez. Estas propostas e as presentadas en anteriores entradas son interesantes para repetilas no tempo. 

E por último, traballamos dende o respecto e sobre todo dende a emoción... Hoxe sabemos que as emocións acenden e manteñen a curiosidade e a atención e, desta maneira, o interese por descubrir cousas novas. Solo con emoción haberá procesos de aprendizaxe e memoria sólidos.

Ánimo nestas semanas e desfrutade moito dos momentos ó aire libre!

Quedo a espera de que me enviedes os vosos traballiños e me contedes que vos gustou máis. 

Unha aperta!

O MONIGOTE (3 ANOS)

XA CAMBIAMOS DE MES, O VENRES DIXÉMOSLLE ADEUS A ABRIL E OLA A MAIO.
NO COLE HAI UNHA COUSA QUE FACEMOS TODOS OS MESES, LEMBRADES CAL?
MOI BEN, O MONIGOTE... 
DEBUXAMOS O NOSO CORPO, PERO ANTES CANTAMOS DÚAS CANCIÓNS: https://youtu.be/MsHM0Fo3bxQ
https://youtu.be/JWnzQYV4xyo
AHORA COLLEMOS LÁPIS E PAPEL, MIRAMONOS BEN NO ESPELLO E VEÑA... A DEBUXARNOS SEN OLVIDARNOS DE NADA.

viernes, 1 de mayo de 2020

PROPOSTA DE FIN DE SEMANA

Ola a todas e todos!

Pasamos un abril un pouco raro, pero xa estamos en maio! Mes das flores!


Tiñamos moitas ganas de que chegara e poder inaugurar o horto do cole pero como non puido ser a nosa proposta para estes días é que montedes o voso propio horto na casa!

Aquí tedes as instruccións para facer dúas plantacións moi sinxelas: lentellas e outras legumes e aguacate!



E xa sabedes que ás plantas hai que coidalas moi ben, así que vos deixamos unha proposta de "Caderno de Xardín" para que poidades anotar cando a regades, canto medra.... 


Esperamos que o desfrutedes e, como sempre, queremos ver fotos do resultado!

As profes xa estamos a elo. Como vedes, a profe Raquel fixo xenial o do aguacate:



E a profe Lara está en pleno cultivo de lentellas:




Un bico ben forte!






jueves, 30 de abril de 2020

RUTINAS DE ENTRADA PÍCAR@S 3 ANOS.

QUE VOS PARECE SE FACEMOS TODOS OS DÍAS UN REPASO DAS RUTINAS DE ENTRADA COMA NO COLE.
DESPOIS DE ALMORZAR, RECOLLER, VESTIRNOS E ASEARNOS...
1º. CANTAMOS A CANCIÓN DE BO DÍA , QUE ATOPADES EN RADIO PICARIÑA.
2º. MIRAMOS NO CALENDARIO QUE DÍA É, E REPETIMOS: "HOXE É XOVES, DÍA 30 DO MES DE ABRIL DO ANO 2020. PODEMOS CANTAR A CANCIÓN DOS DÍAS DA SEMANA QUE VOS DEIXO NESTE ENLACE https://youtu.be/v7mm8MC1MgY . NOS CANTÁBAMOS UNHA VOLTA EN CASTELÁN E A 2ª EN GALEGO.
3º MIRAMOS POLA VENTÁ QUE DÍA FAI E DEPENDENDO DO TEMPO QUE FAGA RECITAMOS O POEMA QUE TOQUE

QUE  PASEDES UN BO DÍA!!!

miércoles, 29 de abril de 2020

Trazo para 3 anos

Aquí vos deixo unhas fichas de trazo. O obxectivo das mesmas é que adquiran destrezas previas á escritura polo que se debe vixiar tanto a boa costura corporal mentras as fan (sentados de maneira correcta, cunha separación adecuada entre o papel e os ollos), como a forma de coller o lapis: "pico do periquito", como decimos no cole.

Estas tarefas quero que vos sirvan de guía, teñen debuxos sinxelos para que poidades debuxalas a man sen ter que imprimir. Primeiro repasamos os trazos co dedo e logo co lapis.

https://drive.google.com/file/d/1LtaeweRhkihI6fYbi5yfBOCLSY7w1fiZ/view?usp=sharing


lunes, 27 de abril de 2020

ACTIVIDADES 6º DE INFANTIL - 5 ANOS (II)

Bo día familias,

Alégrame moito ir sabendo de vós e ver que estades ben! De seguro estades collendo moitas forzas agora que xa podedes saír á rúa, xusto o que precisabades para seguir a tope coa semana!

Aquí vos deixo a seguinte remesa de actividades, espero que as desfrutedes.

1. LABIRINTOS


Creamos un labirinto ou tea de araña con fíos de la, trapillo, papel hixiénico... podemos utilizar cinta de carroceiro para pegar eses fíos ás paredes ou mobles. Rescatamos algún boneco pero non podemos tocar os fíos! Este xogo ten moitas posibilidades, botádelle imaxinación. Traballamos HABILIDADES ESPACIAIS, coordinación, nocións espaciais...

*Moi interesante: pedirlle que represente nun papel, da maneira máis fiable posible, o labirinto que realizástedes, como se fose un MAPA.

Déixovos anexado dous cadernos para resolver labirintos sobre papel, un deles axeitado para o voso nivel e outro avanzado para compartir cos irmáns:

preme sobre a ligazón para descargar


2. A LETRA B. Estes días podémoslle pegar un repaso a letra B: aprender o poema da burbulla, buscamos obxectos na nosa casa que conteñan o son B, buscamos botes con palabras con B, xogamos ao vexo vexo, ao bingo... 

Trazamos a letra B maiúscula e minúscula pero non só no papel, primeiro no chan, no propio corpo, nunha bandexa de sal! Onde se vos ocorra! A compoñemos con tapóns, con xoguetes, con plastilina... 

preme sobre a ligazón para descargar

3. MOVEMOS O ESQUELETO! Aprendemos a coreografía dunha das cancións favoritas dos máis festeiros:

preme para bailar!

Espero que vos gustasen as propostas, xa me contades. Non deixedes de compartir o que estades a facer e para o que queirades non dubidedes en escribirme. Un bico moi grande.

domingo, 26 de abril de 2020

CUMPLE DE ALBA GARCÍA

Hoxe está de cumple Alba García. Se estivésemos no cole celebraríamolo cunha coroa, xirando 4 veces coa terra na man arredor do sol e cantando en cada volta: A TERRA XIRA ARREDOR DO SOL, ARREDOR DO SOL, ARREDOR DO SOL, A TERRA XIRA ARREDOR DO SOL, ARREDOR DO SOL... 
E logo soprando as velas e comendo un biscoito. 
Alba tamén ensinaríanos as súas fotos de bebé, 1 ano, 2 anos, 3 anos e 4 anos; e contaríanos que facía nelas.
A festa farémola cando voltemos ao cole, pero a súa familia mandou as fotos para que todos desde as nosas casas poidamos cantarlle:  Cumpleaños feliz... e Parabens para ti...
Moitísimas felicidades Alba!!!


sábado, 25 de abril de 2020

PROPOSTA DE FIN DE SEMANA

Bo día pícaras e pícaros!

Hoxe traémosvos unha proposta para que creedes pinturas na casa como o facían antes, cando non había onde mercar o que dispoñemos agora!

A idea déunola Xandre, que nos envía este saúdo e nos amosa como afondou na arte prehistórica con este traballo no que utiliza carbón da súa lareira, unha marabilla!

              


        

Na casa podemos pintar con acuarelas creadas a partir de especias como o pementón, a cúrcuma, canela, azafrán, colorantes, café...

Para facer a pintura de especias, podemos mesturar en diferentes cuncas as especias con témpera branca; se non temos témpera, podemos utilizar auga tibia misturada con algo de fariña moi fina (ou azúcar glass, bicarbonato...). Mesturamos ben ata conseguir unha textura lixeira lista para pintar. Atrévete a experimentar e mesturar os diferentes ingredientes!

Se queres podes primeiro bocexar cun lapis o que vas pintar. Unha vez remates de pintar debes deixar secar a túa obra. Por último, non esquezades: o importante é o proceso, non o produto resultante!
                       

Deixámosvos tamén anexado un xogo de memoria sobre a Prehistoria:

SAÍDA Á RÚA

Xa sabedes que a partir deste domingo @s peques poden saír de paseo aínda que con certas normas. 

Seguro que teñen moooooitas ganas despois de tantos días na casa e que o ides facer xenial pero explicarlles porque non poden facer as mesmas cousas de sempre pode ser complicado. 

Deixámosvos un contiño que nos gustou moito por se vos é de axuda para que entendan mellor a situación. 



ACTUALIZACIÓN:

PINCHA SOBRE A IMAXE PARA ACCEDER Á GUÍA



Bicos de oso! 🐻🌈


viernes, 24 de abril de 2020

COMO ESTADES?


Familias, peques, que tal estades?

Hoxe vimos con propostas que teñen que ver cunha cousa moi importante na vida, AS EMOCIÓNS!

Entender o que sentimos é moi importante para saber escoller a mellor forma de reaccionar. No cole o traballamos un montón a partir do conto “O monstro de cores” de Anna Llenas. Se non o coñecedes ou queredes recordalo en familia aquí tedes o conto:


E aquí a canción:


A educación emocional parécenos sempre moi importante, pero aínda máis nesta época de confinamento onde estar nervioso, triste ou non saber como estamos é o mais normal. Por iso, anímamosvos a falar na casa dos sentimentos que esta situación provoca, buscando formas positivas de afrontalas. Estamos seguras de que xa o facedes, pero por se queredes ou precisades ideas de como facelo, aquí vos van unhas cantas!

Para empezar, compartímosvos un recurso moi chulo para tratar este tema na casa, inclúe moitas actividades distintas para que poidades escoller a que máis vos guste ou vos apeteza facer. Aquí tedes:




 (Premendo no título accededes directamente aos arquivos)

Máis cousas, como ben saben as nenas e nenos deste cole para ser capaces de entender o que sentimos e escoller que facer é moi importante ser capaces de estar tranquilos, en calma. Para facer iso no cole utilizamos distintos recursos e técnicas, compartimos aquí algúns por se vos son de utilidade e vos animaos a poñelos en práctica na casa.

IOGA
O ioga non só é un ferramenta para a meditación e a relaxación, senón que axuda á atención, concentración, control postural, equilibrio... Ademais é moi divertido e axuda a manter o corpo activo nestes longos días na casa! Aquí tedes un par de canles de youtube fáciles para @s mais pequen@s e cunha explicación adaptada:


   

Algunha xa o está poñendo en práctica, como Pepa e o seu irmán Alfonso, que nos mandan este vídeo tan chulo




TARROS DA CALMA
Os tarros da calma son un recurso de pedagoxía Montessori que serven, entre outras cousas, para axudar a calmar as nosas emocións cando nos desbordan. Contemplar como a purpurina pasa de torbellino a estar quedar pouco a pouco en calma axuda a que pase o mesmo co noso interior. E xa aprendimos do Monstro de Cores o importantes que son os tarros nas emocións!



Ademais de ser útiles como recurso, elaboralos en familia é unha actividade sinxela e que os fai mais significativos para @s peques. Pos iso fixemos un videotutorial caseiro para animarvos a que o intentedes!



Botámosvos moito de menos e temos moitas ganas de saber de vós! Asi que vos animamos a que nos contedes en comentarios que tal estades e se facedes algunha das actividades, a que nos enviades fotos a picarosdepracticas@gmail.com 💗

Un super bico a tod@s!

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO LIBRO




BO DÍA PICARIÑ@S DE PRÁCTICAS!

HOXE É DÍA 23 DE ABRIL... NON VOS SOA A ALGÚN DÍA PARA LEMBRAR?.

EXACTO É O DÍA DO LIBRO.

SABEMOS QUE VOS ENCANTAN OS CONTOS E POR ISO PARA CONMEMORALO HAI COLGADAS UNHAS TAREFAS NO BLOG DE XOCAS QUE PODEDES FACER. INCLUSO TAMÉN SE VOS ANIMADES, PODEDES MANDAR ALGÚN AUDIO OU VIDEO CONTANDO ALGÚNHA HISTORIA. PARÉCEVOS?

ANIMÁDEVOS QUE PRECISAMOS COLABORACIÓN COAS VOSAS CREACIÓNS. VÓS SODES AS PROTAGONISTAS!


Podedes enviar as vosas propostas ao correo de Xocas (ceip.practicas.corunha@gmail.com) ou ao correo dos Pícaros de Infantil: picarosdepracticas@gmail.com

BIQUIÑOS PÍCAROS

BO DÍA

Amañeceu un bonito día de sol. Que vos parece se empezamos a mañán saudándonos cunha canción coma no cole. En Radio Picariña atopamos moitas cancións "chulas" en galego.   
 http://www.crtvg.es/en-directo/canles-directos-rg/radio-picarina 
Neste enlace buscades a pista nº 6 e atopades: Bo día de Té, chocolate, café.
A desfrutala e cantala moi forte, que nos oian os veciñ@s.