viernes, 24 de abril de 2020

COMO ESTADES?


Familias, peques, que tal estades?

Hoxe vimos con propostas que teñen que ver cunha cousa moi importante na vida, AS EMOCIÓNS!

Entender o que sentimos é moi importante para saber escoller a mellor forma de reaccionar. No cole o traballamos un montón a partir do conto “O monstro de cores” de Anna Llenas. Se non o coñecedes ou queredes recordalo en familia aquí tedes o conto:


E aquí a canción:


A educación emocional parécenos sempre moi importante, pero aínda máis nesta época de confinamento onde estar nervioso, triste ou non saber como estamos é o mais normal. Por iso, anímamosvos a falar na casa dos sentimentos que esta situación provoca, buscando formas positivas de afrontalas. Estamos seguras de que xa o facedes, pero por se queredes ou precisades ideas de como facelo, aquí vos van unhas cantas!

Para empezar, compartímosvos un recurso moi chulo para tratar este tema na casa, inclúe moitas actividades distintas para que poidades escoller a que máis vos guste ou vos apeteza facer. Aquí tedes:




 (Premendo no título accededes directamente aos arquivos)

Máis cousas, como ben saben as nenas e nenos deste cole para ser capaces de entender o que sentimos e escoller que facer é moi importante ser capaces de estar tranquilos, en calma. Para facer iso no cole utilizamos distintos recursos e técnicas, compartimos aquí algúns por se vos son de utilidade e vos animaos a poñelos en práctica na casa.

IOGA
O ioga non só é un ferramenta para a meditación e a relaxación, senón que axuda á atención, concentración, control postural, equilibrio... Ademais é moi divertido e axuda a manter o corpo activo nestes longos días na casa! Aquí tedes un par de canles de youtube fáciles para @s mais pequen@s e cunha explicación adaptada:


   

Algunha xa o está poñendo en práctica, como Pepa e o seu irmán Alfonso, que nos mandan este vídeo tan chulo




TARROS DA CALMA
Os tarros da calma son un recurso de pedagoxía Montessori que serven, entre outras cousas, para axudar a calmar as nosas emocións cando nos desbordan. Contemplar como a purpurina pasa de torbellino a estar quedar pouco a pouco en calma axuda a que pase o mesmo co noso interior. E xa aprendimos do Monstro de Cores o importantes que son os tarros nas emocións!



Ademais de ser útiles como recurso, elaboralos en familia é unha actividade sinxela e que os fai mais significativos para @s peques. Pos iso fixemos un videotutorial caseiro para animarvos a que o intentedes!



Botámosvos moito de menos e temos moitas ganas de saber de vós! Asi que vos animamos a que nos contedes en comentarios que tal estades e se facedes algunha das actividades, a que nos enviades fotos a picarosdepracticas@gmail.com 💗

Un super bico a tod@s!

No hay comentarios:

Publicar un comentario