sábado, 25 de abril de 2020

PROPOSTA DE FIN DE SEMANA

Bo día pícaras e pícaros!

Hoxe traémosvos unha proposta para que creedes pinturas na casa como o facían antes, cando non había onde mercar o que dispoñemos agora!

A idea déunola Xandre, que nos envía este saúdo e nos amosa como afondou na arte prehistórica con este traballo no que utiliza carbón da súa lareira, unha marabilla!

              


        

Na casa podemos pintar con acuarelas creadas a partir de especias como o pementón, a cúrcuma, canela, azafrán, colorantes, café...

Para facer a pintura de especias, podemos mesturar en diferentes cuncas as especias con témpera branca; se non temos témpera, podemos utilizar auga tibia misturada con algo de fariña moi fina (ou azúcar glass, bicarbonato...). Mesturamos ben ata conseguir unha textura lixeira lista para pintar. Atrévete a experimentar e mesturar os diferentes ingredientes!

Se queres podes primeiro bocexar cun lapis o que vas pintar. Unha vez remates de pintar debes deixar secar a túa obra. Por último, non esquezades: o importante é o proceso, non o produto resultante!
                       

Deixámosvos tamén anexado un xogo de memoria sobre a Prehistoria:

No hay comentarios:

Publicar un comentario